II PIM MUROS - CIDADANÍA

Estimada veciñanza:

O Concello de Muros está a iniciar, coa colaboración e asesoría técnica de SENES CIT SL, o proceso de elaboración do II Plan de Igualdade municipal contra a violencia de xénero (PIM).

A elaboración dun Plan de Igualdade municipal contra a violencia de xénero é un proceso participativo que precisa das achegas, suxestións e opinións de todas as persoas implicadas. Tratando de realizar tanto unha diagnose de xénero, como un documento real que sirva de base para a verdadeira transformación social da sociedade que contribúa de maneira efectiva á mellora da calidade de vida das mulleres e homes de Muros optimizando así os recursos existentes.

Neste marco de colaboración, as opinións da cidadanía de Muros son de gran importancia, por este motivo, solicitamos a vosa colaboración nesta fase de diagnose a través do cumprimento dunha enquisa que servirá como punto de partida para a realización da mesma e que se deberá ter enviada antes do día 15 de maio de 2022.

Agradecendo de antemán a túa colaboración, recibe un afectuoso saúdo.

Dna. Inés Monteagudo

Alcaldesa do Concello de Muros

 

Calquera dúbida ou consulta que desexe realizar pode facelo no teléfono 682 684 288 ou no correo electrónico proxectos@senescit.es (Paloma Seijo, técnica de Igualdade de SENES Cit SL)

 

Esta enquisa é completamente anónima.

 

Lembre que pode gardar as súas respostas e continuar noutro momento, pulsando sobre o botón "gardar" que atopará na parte inferior desta páxina.

Neste cuestionario hai 22 preguntas.