IV PIM POIO - CIDADANÍA

Estimada veciñanza:

A Concellería de Igualdade do Concello de Poio, a través do Centro de Información ás Mulleres, está a iniciar, coa colaboración e asesoría técnica de SENES Cit SL, os procesos de avaliación do III Plan de Igualdade e Homes e de elaboración do IV Plan municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes (PIM).

A elaboración dun Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal é un proceso participativo que precisa das achegas, suxestións e opinións de todas as persoas implicadas. Tratando de realizar tanto unha diagnose, como un documento real que sirva de base para a verdadeira transformación social da sociedade e contribúa de maneira efectiva á mellora da calidade de vida das mulleres e homes de Poio optimizando así os recursos existentes.

Neste marco de colaboración, as opinións das cidadás e cidadáns de Poio son de gran importancia, por este motivo, solicitamos a vosa colaboración nesta fase de diagnose a través do cumprimento dunha enquisa que servirá como punto de partida para a realización da mesma e que se deberá ter enviada antes do día 15 de xuño de 2021.

Agradecendo de antemán a túa colaboración, recibe un afectuoso saúdo.

  

D. Luciano Sobral Fernández

Alcalde de Poio

Dna. Silvia Díaz Iglesias

Concelleira de Igualdade de Poio

 

Calquera dúbida ou consulta que desexe realizar pode facelo no teléfono 682 684 288 ou no correo electrónico proxectos@senescit.es (Paloma Seijo, técnica de Igualdade de SENES Cit SL)

 

Lembre que pode gardar as súas respostas e continuar noutro momento, pulsando sobre o botón "gardar" que atopará na parte inferior desta páxina.

Neste cuestionario hai 24 preguntas.